venres, 7 de marzo de 2014

ENTROIDO DE COVELO.- Por primeira vez, por curiosidade, acudín a esta festa na Serra do Suído, nun povo de mais casas que xente, Covelo, pertenecente ó concello de Melón. A pesares de mal tempo, déuse cita no cume do monte unha morea de xente, despois enteréime que se chama da Raña, unha procesión encabezada por un carro de bois que levaba ben atados a don Entroido e sua dona, e seguíalle o Rei montado a cabalo e o seu séquito, vestido do xeito que se ve na foto. Baixaba a comitiva cara o povo de Covelo e ia parando nas casas habitadas para tomar un aperitivo até chegar ó pé da eirexa onde íase celebrar unha subasta de lotes comestibeis. Despois un xantar para quen quixer no adro da eirexa, con pulpeira de Arcos, empanadas, etc. Os actos dan comenzo ás 11,30 da mañá. Pola tarde non estiven, mais segundo as noticias dos medios, vóltase subir ó monte e a xente do povo trata de quitarlle a coroa ó Rei, quen queda con ela será o Rei do vindeiro ano. Ancestral, enxebre, diferente entroido galego.


Ningún comentario:

Publicar un comentario