xoves, 10 de abril de 2014

PAPUXA.- Todo aquel que teña visitado Ribadavia coñecerá este mítico bar, bodegón, con mais de 50 anos de vida e famoso como lugar de cita para todos os bébedos nas feiras do ciño, que se celebran nos primeiros días do mes de maio. É típico porque cada un sírvese a bebida, colhendo sua xarra ou taza e enchendoa directamente dende a pipa. As tapas e raciós hai que pedilas na barra, onde tamén cobran ó rematar, e tes que decirlles cantas tazas tomaches. Nas últimas visitas, a da foto foi o 15 de xuño de 2013, ademais do sistema tradicional, atopei xente tocando a guitarra e cantando, homes e mulleres, que daban moi bo ambente. Está situado en pleno barrio xudeu, pertiño da (non-igrexa) Magdalena.


Ningún comentario:

Publicar un comentario