Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
venres, 26 de xullo de 2013
ACCIDENTE DE SANTIAGO.- O dia 24 de xullo de 3013 quedará marcado pola traxedia do tren Alvia de mediana velocidade, chegando a Santiago de Compostela, na que segundo parece unha imprudencia do maquinista do convoy provocou 80 mortos, até o de agora, e mais de 100 feridos, 35 dos cales están en estado crítico. Ao marxe da desgracia para os falecidos e suas familias e amigos, compre destacar a inmediata resposta da cidadanía galega, en particular os veciños de mais perto ó lugar do accidente, Angrois, que racharon a alambrada da via e tamén algúns dos cristais do tren para poder socorrer ós feridos e retirar os mortos, así como os miles de galegos que foron inmediatamente en resposta á chamada de necesidade de doazón de sangue, a todos os hospitais de Galicia. Tamén merecen especial atención os médicos que se prestaron ó traballo pese a estar de vacacións e a bombeiros que estaban de folga. Unha catástrofe para amosar ó mundo o luxo de xente que é a galega. Lástima que á hora das votacións non exista esta mentalidade e repitan até a saciedade os mesmos caciques.
NAGUIB MAHFUZ.- O comezo da lectura da obra "A esposa desexada" deste autor exipcio de longa vida (1911-2006) e vasta obra (mais de 50 novelas), Premio Nobel de Literatura de 1988, permitiume adentrarme por primeira vez na literatura árabe. Esta novela, en concreto, relata a vida dun rapaz (Izzat) fillo dunha viúva atractiva e adinerada, que viven nun dos barrios nobles do Cairo. O ambiente que o autor transmite na novela é propio do Norte de Africa, explicando tanto as roupas diferentes que viste a xente, segundo sua clase social, como os aromas de xantares, nas casas e nas ruas, as posturas dos animais domésticos, etc., etc. Un feito que marcou ó escritor foi un atentado (ataque cun coitelo no cuello) de dous radicais islamistas, que o proclamaron como herexe anti-islamista. Morreu con 95 anos despois dun accidente doméstico ó tropezar nunha alfombra e sofrer diferentes complicacións na estadía hospitalaria.
GERARDO "TATA" MARTINO.- Este novo entrenador do Barça, arxentino, humilde e preparado, como amosou nas suas etapas coa selección de Paraguay, lembramos aquel formidable partido contra España no Mundial de Sudáfrica, no que Casillas parou un penalty que podría ter siñificado a eliminación da que a fin e a postre resultóu campiona, e os comentarios que chegan da sua laboura no equipo Newell´s Old Boys, en cuxa páxina web se di "Con un estilo de juego vistoso y ofensivo, que hace del toque corto su bandera, Martino edificó un equipo admirado por toda la comunidad futbolística y que está identificado con lo mejor de la historia de Newell's". Nun intre no que o barcelonismo sufre unha forte conmoción pola enfermidade do seu anterior adestrador Tito Vilanova, a chegada de Tata Martino é un soplo de vento fresco, unha apertura do espíritu universal que preside o FCB. Xa na primeira rolda de prensa mostrou unha sensatez e sencillez inmellorabeis, que permiten vislumbrar unha persoa que gusta do seu trabalho e quere medrar seu curriculum, sabendo de antemán que a tarefa que lle agarda é inmensa e diferente a todo o que até o de agora tiña feito. Benvindo Tata Martino ó teu novo traballo. Seguro que vas a topar todas as facilidades tanto dentro como fora do mellor Clube deportivo do mundo.
CEO.- Existen infinitos ceos, ou unha cantidade próxima á infinitude, mais este ceo do 25 de xullo de 2013, ás 10 da noite, visible dende a cociña do meu piso, é fantástico. O contraste entre a escura montana, únicamente apreciable polas luces de tres ventás das casas, e o azul do ceo co amarelo alaranxado das nubes no horizonte da posta do sol e unha parte das nubes separada no mais alto da foto cun ton vermelho rosado, fan unha combinación digna dun cadro de Miguel Angel.
martes, 23 de xullo de 2013
ARTE CON LIBROS.- Dentro da Cidade da Cultura no monte Gaiás, de Santiago de Compostela, chamou miña atención esta escultura enorme feita exclusivamente con libros, polo que busquei pela internet algún artigo que me dera información e atopei este blog http://unlibroaldia.blogspot.com.es/ Tamén deixo miña foto diante dela.
De cómo hacer arte con libros
El otro día tuve ocasión de conocer la obra de la artista madrileña Alicia Martín (1964), que actualmente expone una de sus instalaciones en la (inhóspita) Ciudad de la Cultura de Santiago de Compostela. Algo había oído de ella antes, pero ver una de sus obras en vivo y en directo me dio la idea de escribir esta reseña sobre la presencia del "objeto libro" en el arte contemporáneo. Bueno, eso suena muy exhaustivo, pero en realidad sólo voy a hablar de los pocos casos que conozco. Y Alicia Martín, ya digo, es uno de ellos, porque su trabajo se caracteriza precisamente por utilizar un montón de libros como material. A la derecha una foto de Singularidade, la instalación que está ahora en la Ciudad de la Cultura. Vista de frente parece un gran donut de libros, ya sé, pero la idea es más bien expresar de forma plástica esa especie de agujero negro de información al que cada uno de nosotros tiene acceso hoy en día a través de Internet. No me resisto a enseñaros otra de sus obras, que como véis son bastante monumentales. En este caso se llama Biografías y es de 2003.
uno de los elementos habituales en su obra y también, aunque parezca increíble, cuando trabaja sobre lienzo o papel. A menudo realiza dibujos disponiendo pólvora de una determinada manera sobre una superficie y prendiéndole fuego. Con este peculiar método ha completado también algún libro, como el que se ve junto a estas líneas, que lleva por títuloDanger Book: Suicide Fireworks (2008).En cuanto a Anselm Kiefer, la presencia del libro en su trabajo es mucho más característica (y menos anecdótica) que en el caso de Cai Guo Qiang, ya que está profundamente vinculada a sus temas más habituales. Por un lado, Kiefer lleva décadas tocando en su obra la cuestión del Holocausto y el régimen nazi en general. Ya se sabe que la censura va de suyo con cualquie
r dictadura, pero resulta que en el III Reich esta se expresaba de una manera especialmente virulenta, a la vez que simbólicamente eficaz, en la quema pública de libros. En clara referencia a aquellos acontecimientos, los volúmenes quemados aparecen a menudo en la obra de Kiefer. Por otro lado, este artista ha sentido un profundo interés por las doctrinas de la Cábala, escuela mística judía que gira precisamente sobre los posibles sentidos ocultos de un Libro: la Biblia hebrea. Aparte de los libros quemados que he mencionado, Kiefer también realiza, por ejemplo, enormes libros de yeso o de plomo. Os dejo una imagen de estos últimos. La obra, de 2008, se titula Maria durch ein Dornwald ging (o sea, María caminó por un bosque de espinos). ¿A alguien se le ocurre algún motivo que justifique el título? Y, ya puestos a preguntar: ¿conocéis más artistas que trabajen con el libro como objetoPRAIA DE SANTA CRISTINA.-A praia de Santa Cristina, en Perillo, é unha praia urbana moi coñecida e concorrida durante os meses de verán. É a praia de maior lonxitude de todo o concello de Oleiros. De area fina e dourada, emprégase para actividades de lecer, pesca artesanal e marisqueo, como deportivas, windsurf ou kitesurf e ata concertos. O paseo marítimo e a zona próxima á praia é un lugar de locais hostalaría. Ten casi 1,5 km.de lonxitude e unha media de 80 m. de anchura. Está situada na desembocadura da ria do Burgo formada polo rio Mero. Nas mareas baixas é frecuente ver mariscar os veciños da zona e xunto cos barcos e barcas forman unha auténtica acuarela. Dentro da zona da praia existen varios restaurantes tendo fama A Bodeguilla e como lugar de copas o Bitácora, local decorado cun deseño funcional e moderno.
luns, 22 de xullo de 2013
O GAIAS, CIDADE DA CULTURA.-A Cidade da Cultura de Galicia foi deseñada polo arquitecto norteamericano Peter Eisenman, tras un concurso internacional ao que se presentaron doce proxectos. Elixido pola súa singularidade tanto conceptual como plástica e a súa excepcional sintonía co lugar onde se alza, Eisenman concebiu o proxecto do Gaiás como unha urbe propia. Inspirándose no casco histórico de Compostela e as cinco rutas de peregrinación da cidade medieval que conducen á catedral, o arquitecto trasladou esta cuadrícula ao cumio da montaña. Partindo deste concepto, o proxecto orixinal consta de seis edificios conectados por rúas e unha praza como punto de unión evocando o motivo da vieira, como símbolo da peregrinaxe. Actualmente están rematados catro edificios: O Centro de Emprendemento Creativo de Galicia A Biblioteca e Arquivo de Galicia O Museo Centro Gaiás Centro de Innovación Cultural (CINC) O proxecto orixinal de Eisenman inclúe dous edificios máis: o Centro da Música e das Artes Escénicas e o Centro de Arte Internacional. As obras destes dous edificios atópanse temporalmente paralizadas. VISITAS. Pódese facer visitas guiadas todos os días e hai unha liña de buses. O itinerario para chegar non é doado. Mellor enterarse antes nesta web www.cidadedacultura.org
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




.jpg)

