Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
martes, 23 de xullo de 2013
PRAIA DE SANTA CRISTINA.-A praia de Santa Cristina, en Perillo, é unha praia urbana moi coñecida e concorrida durante os meses de verán. É a praia de maior lonxitude de todo o concello de Oleiros. De area fina e dourada, emprégase para actividades de lecer, pesca artesanal e marisqueo, como deportivas, windsurf ou kitesurf e ata concertos. O paseo marítimo e a zona próxima á praia é un lugar de locais hostalaría. Ten casi 1,5 km.de lonxitude e unha media de 80 m. de anchura. Está situada na desembocadura da ria do Burgo formada polo rio Mero. Nas mareas baixas é frecuente ver mariscar os veciños da zona e xunto cos barcos e barcas forman unha auténtica acuarela. Dentro da zona da praia existen varios restaurantes tendo fama A Bodeguilla e como lugar de copas o Bitácora, local decorado cun deseño funcional e moderno.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario