Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
luns, 22 de xullo de 2013
O GAIAS, CIDADE DA CULTURA.-A Cidade da Cultura de Galicia foi deseñada polo arquitecto norteamericano Peter Eisenman, tras un concurso internacional ao que se presentaron doce proxectos. Elixido pola súa singularidade tanto conceptual como plástica e a súa excepcional sintonía co lugar onde se alza, Eisenman concebiu o proxecto do Gaiás como unha urbe propia. Inspirándose no casco histórico de Compostela e as cinco rutas de peregrinación da cidade medieval que conducen á catedral, o arquitecto trasladou esta cuadrícula ao cumio da montaña. Partindo deste concepto, o proxecto orixinal consta de seis edificios conectados por rúas e unha praza como punto de unión evocando o motivo da vieira, como símbolo da peregrinaxe. Actualmente están rematados catro edificios: O Centro de Emprendemento Creativo de Galicia A Biblioteca e Arquivo de Galicia O Museo Centro Gaiás Centro de Innovación Cultural (CINC) O proxecto orixinal de Eisenman inclúe dous edificios máis: o Centro da Música e das Artes Escénicas e o Centro de Arte Internacional. As obras destes dous edificios atópanse temporalmente paralizadas. VISITAS. Pódese facer visitas guiadas todos os días e hai unha liña de buses. O itinerario para chegar non é doado. Mellor enterarse antes nesta web www.cidadedacultura.org
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario