luns, 22 de xullo de 2013

ANTIGUO HOSPITAL MILITAR DE A CORUÑA.- Onde esteve eu uns 20 dias despois de ter accidente de moto co Isidro no parque de O Carballiño, romper a clavícula e sufrir moitas feridas por todo o corpo. Non me matei de milagre. A verdade que neste hospital me trataron de maravilla e incluso tiven a sorte de coñecer a un soldado que quedou inválido e levaba dez ou quince anos postrado, co cal xoguei grandes partidas de xadrez, que él gañaba sempre. Mais tarde metínme de cheo nese xogo e incluso comprei alguns libros e estudei aperturas e defensas, antes de viñeran os Fisher, Karpov, Kasparov, etc. Tamén lembro as visitas dunhas amigas de A Coruña que non sei qué foi delas, as irmás Fernanda (Nana) e Carmela, e sua prima Luisa. Penso que Carmela é avogada na Coruña, pero non o sei certo. Agradezolle o tempo que perderon visitándome no hospital, e despois sain algunhas veces con elas pola Coruña. Gente boa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario